gardei rabaños máis alá de Orión...
7.3.09
Libro Primeiro
Na anterior idade aos nosos tempos, os líderes dos pobos unidos lograron vencer ao inimigo da Terra do Norte. Nunha loita dura, conseguiron arrebatar ao Partido Único o Trono de Poder, xunto co resto do Tesouro do Dominio. Este último está formado por unha serie de elementos de poder maléfico que exercen un terrorífico control: os sacos transoceánicos, os Báculos de Poder das Comarcas, e o Grande Índice Dourado, que outorga un extraordinario poder aos capitáns dos exércitos públicos.

Todo isto chegou ás mans dos líderes dos pobos unidos. Tiveron a opción de destruílos para sempre, era o fin perseguido, polo que tanto se tiña loitado. Porén, o seu poder axiña corrompeu aos gobernates das dúas grandes faccións da revolta, que cautivados por semellante forza quixeron gardalo para si mesmos. O resto das forzas da Terra do Norte intentou convencelos de que os destruísen, de que volvesen o poder ao pobo, pero a vontade do Trono de Poder está ligada á maldade do Partido Único, e semellante poder axiña se apoderou das súas almas. Aquel poder voltouse contra eles, cada quen o quería para si e non tardou en chegar o momento en que todo o poder voltou ao Partido Único deixando aos pobos libres sumidos no caos e a desesperación.

Foi entón cando os vellos Señores da Terra do Norte apareceron e convocaron aos novos, descendentes das diversas castes que en tempos loitaran contra o mal. Era tempo de recuperarse, loitar xuntos e con máis valor que nunca. A batalla estaba a piques de comezar, pero... quen sería o encargado de levar ás costas a pesada carga da destrución do Partido de Poder?

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 23:05:00 |


2 Comentarios:


  • At 12:36:00 da manhã, Blogger Aliada entrópica

    Agora ben o intro coa musiquiña da comarca tiruriii ruu riruturiruuuu tarariiiii lariii rooo riiiii lararaaaa cun trabeling sobre a Alameda e a fachada do Obradoiro erguéndose no fondo. :D
    Na terra dos pequenos ananos, que propio.

    Imaxina a Beiras cun sombreiro picudo (o resto xa o ten) "Un galeguista nunca chega tarde, Frodo Bolsón, nin pronto. Un galeguista chega xusto cando se o propoñe".

    "pero a vontade dos homes se corrompe con facilidade" :)

    Que post máis guai! haha

     
  • At 11:00:00 da manhã, Blogger O pastor eléctrico

    Que boa escena de apertura! Coido que habería que mirar de facer a peli. Será moito pedir á Xunta fondos para a realización?