gardei rabaños máis alá de Orión...
2.5.09
Os (dous) de sempre
O cacique da vila chamábase don Andrés, e non era político por ideas senón por encher de diñeiro as gabetas. Por fora asemellábase aos cambistas da vella pintura flamenga, e por dentro tamén. A súa casa era unha tenda de diñeiro para vender pesos a sete pesetas, e cando se ahegaba unha vítima collíanlle os beizos un aquel de ledicia, coma se lle rañasen os proídos do lombo; pero na faciana endexamáis se lle pousóu a risa limpa dos homes de ben. Era moi ruín o camanduleiro, e tiña tanta xente collida nos seus papeles que ademáis de noxo daba medo.

Alfonso Daniel R. Castelao, 1934

Texto tirado de: (1994), Os Dous De Sempre. Vigo, Galaxia

Etiquetas: ,

 
publicado por O pastor eléctrico ás 14:09:00 |


0 Comentarios: