gardei rabaños máis alá de Orión...
15.3.09
Localización no mapa
E sigo a voltas co Matheson e o seu libro I'm Legend. Adoita acontecer que as historias de ciencia ficción acontecen nos Estados Unidos, isto non é unha regra, mais ben unha tendencia. Moito ten que ver coa procedencia dos autores, xa que un número importante dos clásicos (e dos non tan clásicos) son norteamericanos. Incluso aquelas historias que teñen lugar no espazo, son protagonizadas por estadounidenses ou no seu defecto, por xentes do mundo ao servizo dos EE.UU.

No caso concreto desta novela, un home fica só no mundo, entendendo o mundo como os EE.UU. que é unha visión un tanto simplista pero para o caso é mellor. Mellor que os zombies ataquen California e non Galiza.

Imaxinade a historia aquí. Un virus mutado polos científicos galegos infecta a toda a poboación convertíndoa nunha sorte de criaturas non-mortas que atacan polas noitos infectando ao resto da xente agás a un científico que é inmune grazas a unha configuración especial do seu sangue.

Problemas: Non sei se resultaría verosímil unha investigación deste tipo, pero poderiamola localizar no CHUS, onde científicos sen escrúpulos empregaban o sangue doado polos confiados alumnos universitarios para facer experimentos con el buscando... non sei, por exemplo unha resistencia mellor ao frío e a humidade do inverno. Por poñer algo axeitado ao medio. Unha vez resolto isto, temos outro problema. Que faría un galego só no mundo? Loitaría pola supervivencia da especie, intentaría achar unha cura, refundaría o pais, ou aproveitaría para mover un pouco os marcos? Outro problema de ter zombies no pais é que nunca mudaría a presidencia da Xunta.

Está claro que a tradición fai moito nestes casos, sería interesante tirar unha vertente zombiesca das historias de lobos e meigas e ver en que quedaría a cousa. Imaxinades revistas pulp galegas? Iso sería demasiado moderno, incluso cando xa deixou de selo hai décadas no resto do mundo.


Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 12:00:00 |


6 Comentarios:


  • At 1:41:00 da manhã, Blogger ekis1331

    jejjeje!
    Non sei a novela pero película non me disgustou, a chiscadela a Bob Marley resultoume simpática.

    Xa puxen a descargá-la de Cypher, e alegroume a túa referencia a Cube, encantoume esa película, non vin, nin quixen ver, as seguintes partes... víchelas ti? pagan a pena?

     
  • At 10:36:00 da manhã, Blogger A Raíña Vermella

    Se souberas o que pasa no CHUS... moito peor que experimentar con sangue de pobres estudantes! Experimentan cos propios estudantes, en plan Mengele, probando o límite da resistencia humana: a ver cantos caben nunha aula sen desmaiar, cantas horas es capaz de pasar de pé e sen comer... Agora o entendo! O obxectivo é a zombificación!

     
  • At 12:03:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    Cube pareceume un moi bo filme. A segunda parte non me gustou nin un chisco. A terceira non a vin. Cando un proxecto tan diferente pasa a outras mans, adoita pasar que o resultado non é o que se agardaba. Eu non creo que Cube sexa susceptible de segundas partes interesantes, xa que o mellor da primeira parte é o misterio, o descoñecido e a inquedanza. Non temos que saber que hai fóra. Penso que Natali pensaba o mesmo.

    Que ben! En parte alégrame iso que me contas Raíña. Aporta verosemellanza, a posibilidade dun ataque de vampirismo ou de zombies no CHUS sería todo un logro para a CF galega! Porén, na biblioteca de medicina sospeito que hai un brote de porfiria vampírica, xente extremadamente branca, que só sae tras o solpor, elegantemente vestidos e rodeados de pesados e antigos tomos. Haberá que investigar, e vixiar o pescozo.

     
  • At 1:41:00 da tarde, Anonymous Anónimo

    Alen do capitalismo económico ou da sua supremacia militar, o grande exito dos EUA no seculo pasado, foi da sua imposición cultural vía o cinema de Hollywood. Así todos asumimos que eles son o centro do universo, e damos por seguro que o fin do mundo vai acontecer en NY, ou como moito en Los Angeles... faltaría máis.

    POis eu penso, que umha vez chegados a democratización dixital é o tempo da serie B galega. E desde logo faria moito mais pola normalización lingüistica unha de zombies en galego que 10 de decretos da lingua.

    E desde aqui emplazoo a voçe e as outros historiadores electricos a escribir unha historia de serie B e eu comprometome a intentar buscar xente para levala adíante!

    Viva a galiza zombie !(ou infectada)

     
  • At 4:42:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    Pois si, eu sempre pensei que unha serie B é precisa, por varios motivos, un deles o económico. Se algún día remato a historia zombiesca qeu teño na cabeza dende hai tempo, fareicho saber Sobchak, que sempre fai falla produción experimentada.
    Imaxinas unha lexión de zombies baixando polo Franco ao Obradoiro? E sen ser xoves? :p

     
  • At 12:51:00 da tarde, Blogger Roi Buligan

    eu creo que hai que ter en conta consecuencias moi serias da irrupción dos zombies en Gallaecia:
    1 a baixada do prezo do marisco
    2 a mobilidade xeográfica e o éxito do banco de terras
    3 A fagocitación da calquera oposición crítica
    e por último
    4 unha "resurrección" e "posta en valor" do Gaias como complexo residencial e capital de Galizombia