gardei rabaños máis alá de Orión...
18.4.09
Redefinir a aimación
The Mysterious Geographic Explorations of Jasper Morello é unha serie de curtametraxes de animación levadas ao cabo polo australiano Anthony Lucas. A primeira delas, Jasper And The Lost Airship é de 2005 ainda que na súa web- que por certo é marabillosa a nivel estético- anuncian outros tres episodios máis das aventuras de Jasper. Eu non achei por ningures información da existencia deses outros tres episodios (o cal non quere dicir que non existan), polo que é posíbel que a produción estea parada ou canda menos aprazada.

A animación é unha mestura de animación tradicional e dixital. O resultado é unha estética própia moi alonxada da Pixar ou dos Animes, ainda que a nivel temático estea próxima a estes últimos. Os personaxes son apenas sombras que vagan por escenarios cheos de engranaxes, torcas, trabes, armazóns metálicas e hélices en brancos, negros e grises ainda que un lixeiro filtro sepia. As figuras alongadas recordan un tanto ás dos filmes de Tim Burton, pero teñen un aspecto máis plano.

A historia narra a viaxe nunha nave-barco que viaxa impulsada por unha serie de hélices impulsadas por vapor -por iso o da cercanía aos animes steampunk- polos descoñecidos mares aéreos. A nave parte dunha metrópole asolada por unha estraña epidemia que está aniquilando á poboación cos tripulantes, Jasper que é quen orienta a viaxe e un misterioso científico. A fin da viaxe é atopar un remedio para a epidemia.


Etiquetas: ,

 
publicado por O pastor eléctrico ás 12:29:00 |


4 Comentarios:


  • At 6:04:00 da tarde, Anonymous W. Sobchak

    Ta caralluda! Ocurrenseme moitas influencias que citar: Tim Burton, o teatro xapones de sombras, metrópolis... Un gran traballo o de esta xente. Tou por mercarme o dvd.

    A animación sempre tivo formas de expresión alternativas, mais lamentablemente sempre estarán lonxe do mainstream.

     
  • At 7:39:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    Se mercas o DVD sácame de dúbidas, a ver se resulta que as outras 3 partes non as estrearon nos cines e veñen no DVD.
    E si, está caralluda.

     
  • At 9:49:00 da tarde, Anonymous Anónimo

    ei graciñas pola visita!!! xa arranxei o tema da ligazón ao novo tumblr... vémonos pola rede ou por lucus!!!

    Bicos

     
  • At 2:34:00 da tarde, Blogger Nela

    steampunk is back! Fagamos que Galiza coñeza esa estética! Muahahaaaa...
    Biquiños!