Andaba eu o outro día curioseando nunha libraría compostelana na busca de nada en particular. Na sección de idiomas, miraba unha guía de conversa de esperanto. Achei os andeis adicados ao galego e á literatura galega e en galego, ao fondo, xunto co resto de idiomas que aprendemos na escola para poder entendermos aos estranxeiros... A miña mirada pousouse primeiro nunha morea de libriños morados, alí entre todos aqueles iguais, o primeiro título que lin foi Exercicios de estilo (Exercices de style) do francés Raymond Queneau. Fiquei realmente sorprendido, tivera ese libro na cabeza toda a semana. Sentía curiosidade por como dunha mesma anécdota podían escribirse 99 discursos diferentes.Sorprendeume mesmo a existencia desa traducción, xa que é do no noventa e cinco. O libro, editado por Xerais inclúe ademais os orixinais en francés.
Queneau é un autor que ven do surrealismo e que pertencería ao Collège de Pataphysique e fundaría xunto a Françoise le Lyonnais o OuLiPo (Ouvroir de littérature potentielle), con membros coma Georges Perec, Marcel Duchamp, Noël Arnaud, Jacques Roubaud e Italo Calvino entre outros. Este grupos reúne a autores non convencionais e as innovacións literarias e artísticas de cada un deles son notables.
Outra das obras imprsionantes de Queneau é Cent Mille Milliards de Poèmes unha obra fascinante composta por dez sonetos cos versos intercambiables cos que crear dez billóns de sonetos. A lectura desta obra levaría máis de cento noventa mil anos.
Etiquetas: Ovellas domésticas










