gardei rabaños máis alá de Orión...
25.6.07
Dous clásicos
Pois si, hoxe cúmplense 25 anos da estrea de Blade Runner, o fascinante filme de Ridley Scott. Xa falei noutras ocasións dela aquí, así que pouco máis se pode engadir, pero podedes mirar por onde sempre, ou por aquí ou este resumo que publicaba hoxe a edición dixital de ElPais.
Aos que nunca víchedes esta obra mestra, non perdades tempo e botádelle un ollo canto antes, e aos que xa a víchedes, volvedea a ver, ou é que tedes algo mellor que facer?
A proposito de Harrison Ford, xa comezou a rodaxe da cuarta entrega de Indiana Jones con Spielberg e Lucas como director e productor executivo respeitivamente. A ver se cumple coas espectativas e podemos desfrutar outra vez do arqueólogo máis famoso do mundo. Coñecedes algún outro arqueólogo?



Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 14:41:00 | 6 comentarios
24.6.07
Facerlle caso aos médicos
Quen nunca foi ao médico a que lle dixera que non ten que fumar nin beber e que debe de adelgazar? O gracioso do asunto é que o encargado de dicirche tales barbaridades é un home duns 100 quilos, cos tose crónica, que ten un recendo perenne a faria e que ten pinta de chamarlle "deporte" a baixar os domingos polo xornal. En fin, como di un bo amigo meu, os médicos son eses especialistas en semánica que lle poñen nomes complicados ás cousas que ti xa sabes que che doen, pero eles saben como se chaman e que non teñen máis remedio que agardar a que se curen soas ou a que queden ahí para sempre.
Pois si, para canto daría falar dos médicos de cabeceira, das colas, dos vellos (que podes mercar no Ikea na sección "Decoración de hospitais"), do cheiro da sala de espera de urxencias, etc. Pero non me apetece largar hoxe en contra dos médicos que algun que outro hai por ahí que sabe o que fai. Teño que falar do médico na casa, si, Manuel Torreiglesias. Este homiño forma un tánden xunto con Manolo Giménez nas mañás da televsión española que rite ti de Cruz y Raya. O do Manolo é un caso á parte, semellante falla de tacto é impresionante, creo que con España Directo é a parte máis espeluznante de toda a cadena (Ramón García á parte). Isto daría para unha análise a maiores pero non teño ganas de falar de pisos cheos de merda, lamazais e demais historias noxentas que rematan cun fulano que te ensina a cociñar (aquí precisaría un símbolo para me poder encoller de hombreiros).
Pois ben, retomando o asunto sanitario, déixovos unha recomendacion de Saber Vivir para que disfrutar da vida e non ter complicacións médicas.



Pois iso, facédelle caso aos médicos.

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 13:45:00 | 3 comentarios
18.6.07
Máis cousas que ver na tele

Despois de pasar un par de semanas bastante ocupado, teño agora un pequeno respiro previo ao grande respiro das vacacións de verán. Isto de ter tempo para perder é marabilloso (sempre que non sexa demasiado), hoxe pola mañán pillei na Tv mentras almorzaba un clásico do cinema, "Dos superpolicias en Miami", con Bud Spencer e Terence Hill. Non sei moi ben, pero coido que tiña unha precuela. O caso é que seica están a botar a filmografía destes dous grandes clásicos do entretemento vacacional en La2.
Recordo como de pequeno gostaba de ver co meu avó os filmes destes dous elementos, era un aliciente máis das vacacións escolares, no nadal tocaban as de vaqueiros (Le llamaban Trinidad, Le seguían llamando Trinidad, etc) e as de aventuras (Máis forte rapaces e Vivian cos hipopótamos), no verán eran xa as da época ianqui, como esta de hoxe ou Par o impar. De todos xeitos, o clásico indiscutible segue sendo Y si no... nos enfadamos, iso si que é unha demostración de peli de acción, carreiras de coches, pelexas con decenas de rivais (a pé ou en moto), problemas coa mafia, enredos amorosos... en fin. O problema é que a capacidad técnica e artística de todo o equipo non era todo o boa que se desexaría. De seguro que nunca víchedes unha secuencia de loita peor conseguida. A foto da cabeceira do post é dese filme, rodado en Madrid por certo.
Aínda con todos estes defectos, teñen ese aspecto setenteiro cutre que namora a calquera e esa sinxeleza argumental que fai que un neno de vacacións ou un pastor canso pasen momentos memorables. Outra das cousas que lles debo a estes dous, é que son os responsables do primeiro filme en galego que vin na miña vida, que foi precisamente Máis forte rapaces, así que podo dicir que Bud Spencer e Terence Hill son elementos normalizadores na miña vida; se se poden dar eses golpe e comer dese xeito en galego, que é o que non se pode facer?
Por certo, quero dende aquí recalcar unha campaña da que tiven noticias por Zerovacas, reclamo Shin Chan na galega, a poder ser a partires das 9, que antes non me ven ben.

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 18:09:00 | 5 comentarios
8.6.07
GNUinamente libre!
Hoxe toca falar un pouco sobre GNU. O proxecto GNU nace en 1984 coa idea de liberar o mundo da informática do monopolio e a limitación doutros sistemas operativos. O GNU está baseado nun sistema UNIX e hai múltiples distribucións, todas elas gratuitas e opensouce, é dicir, co código aberto. Isto significa que cada un é libre de modificar o seu sistema como mellor lle pareza. Unha das miores vantaxes é esta, pero tamén ten a vantaxe de que é gratuito, de libre distribución (non está suxeito a copy rights) e, por riba de todo, funciona ben!
Das múltiples distribucións que existen, hai unha que comeza a ser particularmente popular, a Ubuntu (XUbuntu e KUbuntu sobre todo). O Ubuntu ten un entorno de fiestras moi semellante ao tradicional Win, pero tamén permite empregar comandos nas shells. É particularmente atractivo para aueles que se queren iniciar no mundo GNU/Linux pola súa simplicidade. De sinxela instalación e posterior manexo, comeza a extenderse o seu uso cada día máis. Ademais, cada seis meses hai unha nova versión disponible, así sempre estás actualizado.
Tras o fracaso estrepitoso do novo Vista, Dell comezou a ofrecer os seus ordenadores con este sistema operativo. Parece ser que Toshiba será a próxima en facelo.
Pode ser que esteamos ante unha liberalización deste o noso mundo paralelo. Se vos animades, podedes descargar o voso Ubuntu aquí.
Free as in free speech, not as in free beer.

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 10:06:00 | 7 comentarios