gardei rabaños máis alá de Orión...
18.11.07
Noite de Jazz
Hoxe foi un bo dia para este pastor. Unha noite especial, especial por varios motivos. Un deles foi a descoberta dun grupo que me fascinou, duas horas de actuación que me pareceron dez minutos. O grupo en cuestión chámase Third World Love, son de Israel e fan un Jazz moi animado con infinidade de matices que van dende ritmos do oriente medio até o bebop pasando polas músicas americanas. Visitade a súa páxina, podedes escoitar varios temas nela.
Foi un deses concertos que pagan a pena, teñen un directo realmente sensacional e ademais foi de balde. A semana do jazz de Lugo comezou este ano cun mal sabor de boca para min, posto que chegaba á cidade das murallas o mestre da guitarra John Scofield, pero a súa axenda non foi compatible coa miña. Por casualidades cósmicas inexplicables, este pasado martes 13 (vou comezar a ser supersticioso) coincidiron nestas terras dous grandes xenios do xénero, Ornette Coleman e Scofield, un na Coruña e o outro en Lugo. E mentras tanto, o pastor en Compostela.

Polo menos, aproveitei e pasei por Cineuropa ver A fuxida, de Peckinpah. Un grande filme dun director dos que deixan pegada, senón que lle pregunten a Tarantino. Como me dixo a Raiña Vermella, un filme pretarantiniano. Non creo que se poida definir mellor.

O xoves deixeime caer polo filme de Paul Auster. Deixoume un pouco frio, bueno iso quizais foi por mor do clima. En realidade, é un filme discreto, con momentos moi bos e outros algo absurdos e case ñoños, pero o peor é que a segunda parte do filme é prescindible. A ver se co seu próximo traballo mellora un poco os dous últimos. Tanto Viaxes no Scriptorium coma A vida interior de Martin Frost decepcionáronme bastante, igual polo moito que desfrutei cos seus libros anteriores. Na parte cinematográfica, quédome con Smoke, realizada xunto con Wayne Wang, recente gañador no festival de Donostia. Igual axudou que Auster fóse presidente do xurado.

Etiquetas: , ,

 
publicado por O pastor eléctrico ás 00:54:00 | 9 comentarios
11.11.07
As series

Fíxome gracia ver aos da Sexta promocionar o que deron en chamar Series de Culto. Agora, de luns a xoves, emiten dous capítulos das series Me llamo Earl, Entourage: El juego de Hollywood, The Office e Larry David. Primeiro polo título, non sei até que punto poden considerarse "de culto", tendo en conta que aínda están en marcha e son bastante recentes. Á parte diso, publicítanas coma se fose indispensable que un as vexa para poder seguir vivo, coma pequenas xoias da televisión, pero o que non dicen é a franxa na que as emiten: a partires da 1:10 da madrugada.
Parece curioso, contradictorio mesmo pero eu hai tempo que aprendin a non depender dos horarios da TV. Xa fai tempo que non sigo unha serie pola TV, adoito velas todas seguidas, gústame máis. Non me gusta ter que agardar unha semana para ver o que quero ver agora, dentro dun anaco ou mañá.
De todas estas so me enganchei a Me llamo Earl e teño que dicir que é do mellor que vin en tempo, pero xaga coa vantaxe de ter a Jason Lee e Ethan Suplee que sempre me fixeron gracia. Ademais, ten un plantexamento moi orixinal e un mundo propio moi entretido. Recorda as grandes series de vilas pequenas (Twin Peaks, Dr. en Alaska...), cos seus personaxes particulares e a estraña harmonía da vila. Posúe tamén un humor moi propio.
Outra serie que me chamou a atención da Sexta foi The Unit. Seguro que agora vos estades a preguntar por que. Pois por ser responsabilidade de David Mamet, un dos dramaturgos contemporáneos norteamericanos máis impotantes, que ademais é guionista (Ronin, Los intocables de Elliot Ness) e director. Eu coñecino polo seu traballo en Vanya on 48nd st. e sorprendeume ver unha serie tendenciosa, mediocre, con mala actuación, pretenciosa e carente de sentido en moitos momentos. Nun capítulo que me coincidiu ver (cunha dor de estómago fortísima ademais), a unidade estaba en Valencia para asasinar a un banqueiro ou algo así. No outro lado do mundo, a filla do xefe, tiña problemas cun mozo e quería entrar nas forzas armadas par realizarse, ante a oposición da nai e a moza dun dos valentes soldados sufría por serlle infiel. Non sei como acabou, non creo que pagara a pena agardar.
Como curiosidade, Valencia semellaba unha pequena vila, con rúas estreitas de adoquín moi empinadas e homes morenos e con bigote vestidos con pantalóns marróns de franela, camisa a cadros e boina. Aparecía a Guardia Civil, con tricornio e todo.
Por se isto non abondara, The Unit emítese as 17:25 de luns a venres. Eu seguirei vendo as series do tirón.

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 17:02:00 | 7 comentarios