gardei rabaños máis alá de Orión...
31.10.07
MMoito pensar

Mándanme a Raiña Vermella e A Rapazo do Arco un encargo curioso. Facer unha lista de oito cousas calquera e mandarlle o encargo a oito persoas. Semella sinxelo. Pois non. Oito cousas... da que pensar, segundo para que, son moitas ou poucas cousas.
Voume decantar por non me decantar por nada. Teño oito ideas para facer listas de oito cousas:

  • Grandes golpes que levou o Pastor ao longo da súa vida. Moita dor xunta, abóndame coas cicatrices.
  • Persoas desagradables coas que me xuntei. Queda feo dicir nomes.
  • Cousas que me recorda o OITO. Case so futbolistas e números de teléfono.
  • Frases inadecuadas ditas en presencia de persoas inadecuadas. Buff...
  • Cousas que podería facer OITO veces ou máis nun día. Non creo que sexa capaz de facer nada oito veces nun día.
  • Grandes momentos da miña existencia. Coido que os máis están por chegar.
  • Frases célebres nocturnas. Deixo que sexades vos quen completedes.
  • Cousas que levaría a unha illa. Ao calvo de Lost, nin de coña.
  • Pastorelas famosas. Non sei por que puxen isto.

Como vedes, non me puiden decidir. Cal é a que daría máis de si?
Este post completarase nos comentarios. Se cadra...
Por certo, mándolle o encargo ás primeiras oito persoas que lean isto.

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 22:39:00 | 9 comentarios
6.10.07
Non me gusta

O outro día no bus urbano, ía pensando eu en Compostela, unha cidade que me marcou moi fondamente (para ben coido) e da que, por unhas ou outras cousas, non podo pasar moito tempo alonxado. Víronme á cabeza un montón de vantaxes que ten a cidade fronte a outros lugares onde paso a miña vida pero tamén certos inconvintes. Como estes segundo son menos e sempre fun unha persona moi preguiceira práctica, coido que será mellor contar aquelas cousas que non me gustan en vez das que si, por razóns de aproveitamento do papel e esas cousas.

- Non me gustan os autobuses urbanos. Non me gusta o libre albedrío que organiza o seu paso polas paradas. Nin tampouco a sensación de ser unha zamburiña en conserva, nin ter que ecoitar a Cope despois de almorzar.

- Odio o tráfico da cidade. Alguén coñece un lugar onde aparcar sen ter que pagar diezmos?

- Por que sempre hai obras no piso do lado? Bueno, isto é unha pregunta mais que unha sentencia, pero supoño que me entendedes.

- Non teño moita simpatía por certos individuos afins ao clero.

- Desespérame que sempre chove cando vou sen paraugas e con cousas que non aguantan ven a chuvia.

- Paráceme que unha caña a 1,20€ é moito pedir.

- Non me gusta madrugar

Polo resto, coido que é un bo lugar para existir. Se me vedes pola rúa mal encarado, botádelle a culpa a calquera dos puntos arriba mencionados, ou aos políticos segundo o caso. Estes últimos teñen culpa do 70% das miserias humanas.

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 11:45:00 | 13 comentarios