gardei rabaños máis alá de Orión...
13.9.08
Apocalipse Eléctrica

Outra vez máis, o intrépido Pastor Eléctrico non chega a tempo. E é que ser intrépido non exime de ser lento. Unha vez confirmado que a fin do mundo non foi tal, o meme perde un pouco de interese, pero como chegou... fareino igual porque xa hai bastante que non fago un. Mándollo a quen o quera facer porque a estas alturas non sei xa quen queda por facelo.

Se fose a fin do mundo:

1) Que canción che gustaría escoitar?

Era coña! Estaría ben escoitar iso a alguen que soubera que realmente... era coña. Aínda que non sexa exactamente unha canción. De escoitar unha canción escoitaría The Post War Dream de Pink Floyd, non sei, creo que ben ao pelo. Aínda que sexa só polo título.

2) A que libro lle botarías un ollo?

Revisaría os de Philip K. Dick. Sempre cabe a posibilidade de sobrevivir e así tería varios modelos de supervivencia nunha terra devastada. Molaba que fose como Perdidos, pero con bo ambiente.

3) Con quen che gustaría falar?

Principalmente cos que falo sempre. Para que cambiar de amizades chegados a tal punto?

4) Que che gustaría comer?

Creo que non tería moita fame. Probaría a comer un paquete enteiro de Donuts, dos de 24h que veñen 2 máis. Nunca fun capaz de comelos todos. E mira que o intentei en moitas madrugadas non consecutivas.

5) Que farías e que che queda pendente por facer?

Convencer á xente que montou semellante dispositivo acaba-mundos para que termasen un pouco. Xa está ben! Se queren colapsar cousas que colapsen o ADSL, como facemos todos.

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 10:20:00 |


5 Comentarios:


  • At 10:51:00 da manhã, Blogger A Raíña Vermella

    Morte por donuts! Iso é aínda peor que o da madalena :p Supoño que o boicot a panrico por facer anuncios chunguérrimos tamén daría igual nese momento. Grazas por non cambiar de amigos no último momento. Así podemos ir tamén á churrascada apocalíptica ;)

     
  • At 1:29:00 da tarde, Blogger Nela

    Estou de acordo coa raíña: Atracón de Donuts? Seguro q morres antes de que a ela se atragante!
    Eu voto pola moción da churrascada apocalíptica!!! viiiva viiiva!!! Raíña, vai preparando argumentos científicos para decidir cando será a fin dos tempos e celebramos esa churrascada (Claro q para abrir o apetito primeiro tes q dicir: Era brooomaaa!) Eu levo os postres: DOnuts, madalenas, trufas de chocolate, xeado de avelá, tiramisú e limoncello! :P

     
  • At 11:33:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    Como derivou isto de falar da fin do mundo a conspirar para unha farra cárnico-glucósica? Gústame este novo xiro argumental, pero aínda teño que recuperarme da lasagna! :p Pero non te preocupes que me recupero axiña. Biquiños.

     
  • At 2:14:00 da manhã, Blogger Mario

    mmm... eu tamén me apuntaría ao dos donuts, total non lles había dar tempo a engordarme

     
  • At 12:44:00 da tarde, Blogger FraVernero

    This is the end... My only friend, the end...

    K. Dick é socorrido, alén de que a brevidade das novelas tamén axudaría. Acaba de chegarme unha versión non censura do Almorzo Nú, de Burroughs, que ben pensado, tamén faría boa compaña coas túas escollas.

    O dos donuts non está mal, anque eu apostaría por probar esas estrañas rosquillas dos Simpsons con azucre glaseado e frambuesa por enriba. Só por ver como saben...