gardei rabaños máis alá de Orión...
19.5.09
Que marchei


Como dicía aquela fermosa cantiga de amigo dun marabilloso
poemario do que levamos anos agardando a súa reedición.

Pois iso, que marchei. Xa non andarei máis por aquí. A partires de agora, O pastor móvese a través da rede dende outra lugar máis próximo ao seu eu físico.


 
publicado por O pastor eléctrico ás 16:02:00 | 0 comentarios
8.5.09
Mudanza

Imaxe: EL OJO SAYAGUES

O pastor recolleu todo o gando e marcha para outras leiras. Os pastos nestes mundos eléctricos son abondosos, máis xa tiña gana de ter un sitio máis próximo ao espazo físico do meu referente no outro mundo. Agora as ovellas poderan pacer e ser recollidas noutro espazo, cecais algo diferente, mais que intentará manter a liña que ben sendo habitual neste -xa vello- lugar.


Agardo que sexa do voso agrado e que se reavive un pouco a actividade que leva un tempo algo apagada por mor dos labores de mudanza e outras lerias que tiveron ao pastor ocupadísimo.

A partires de agora, as ovellas estarán gardadas aquí.

Etiquetas: ,

 
publicado por O pastor eléctrico ás 16:28:00 | 0 comentarios
2.5.09
Os (dous) de sempre
O cacique da vila chamábase don Andrés, e non era político por ideas senón por encher de diñeiro as gabetas. Por fora asemellábase aos cambistas da vella pintura flamenga, e por dentro tamén. A súa casa era unha tenda de diñeiro para vender pesos a sete pesetas, e cando se ahegaba unha vítima collíanlle os beizos un aquel de ledicia, coma se lle rañasen os proídos do lombo; pero na faciana endexamáis se lle pousóu a risa limpa dos homes de ben. Era moi ruín o camanduleiro, e tiña tanta xente collida nos seus papeles que ademáis de noxo daba medo.

Alfonso Daniel R. Castelao, 1934

Texto tirado de: (1994), Os Dous De Sempre. Vigo, Galaxia

Etiquetas: ,

 
publicado por O pastor eléctrico ás 14:09:00 | 0 comentarios
18.4.09
Redefinir a aimación
The Mysterious Geographic Explorations of Jasper Morello é unha serie de curtametraxes de animación levadas ao cabo polo australiano Anthony Lucas. A primeira delas, Jasper And The Lost Airship é de 2005 ainda que na súa web- que por certo é marabillosa a nivel estético- anuncian outros tres episodios máis das aventuras de Jasper. Eu non achei por ningures información da existencia deses outros tres episodios (o cal non quere dicir que non existan), polo que é posíbel que a produción estea parada ou canda menos aprazada.

A animación é unha mestura de animación tradicional e dixital. O resultado é unha estética própia moi alonxada da Pixar ou dos Animes, ainda que a nivel temático estea próxima a estes últimos. Os personaxes son apenas sombras que vagan por escenarios cheos de engranaxes, torcas, trabes, armazóns metálicas e hélices en brancos, negros e grises ainda que un lixeiro filtro sepia. As figuras alongadas recordan un tanto ás dos filmes de Tim Burton, pero teñen un aspecto máis plano.

A historia narra a viaxe nunha nave-barco que viaxa impulsada por unha serie de hélices impulsadas por vapor -por iso o da cercanía aos animes steampunk- polos descoñecidos mares aéreos. A nave parte dunha metrópole asolada por unha estraña epidemia que está aniquilando á poboación cos tripulantes, Jasper que é quen orienta a viaxe e un misterioso científico. A fin da viaxe é atopar un remedio para a epidemia.


Etiquetas: ,

 
publicado por O pastor eléctrico ás 12:29:00 | 4 comentarios
12.4.09
Riofero

En Riofero, a última novela de Xelís de Toro, atopei elementos que me trouxeron á mente as novelas de viaxes e aventuras que devoraba cando rapaz. Robinson Crusoe, A Illa do Tesouro, as viaxes de Phileas Fogg... Tamén os filmes, case que sempre cutrosos, de aventuras na selva, con heroe ao Indiana Jones, rapaza guapa -que ensina cacho nunha parte da historia-, brután de bo corazón, o neno coa gorra dos Yankees de O templo maldito e uns malos moi malos. Amais dun misterio por resolver e doses de acción. Todo iso témolo en Riofero. Pero hai máis.

Ao igual que en Terminal (e tantas outras novelas), a viaxe do personaxe chamado Marqués simboliza a súa propia viaxe interior. A súa viaxe na procura da historia, a procura de converterse en escritor. Na primeira temos as vías do tren que rematan na terminal e nesta última, o rio que dá e quita a vida. As viaxes conlevan mudanzas nas personaxes, pero o camiño está trazado, non hai xeito de escapar del.

Porén, Riofero é máis ca iso, é unha homenaxe á literatura, unha viaxe pola literatura, polo contar (e polo contador) de historias. Xelís condúcenos a unha viaxe na procura da historia a escribir, aos problemas de narrala e ao resultado desa pesquisa; a escrita, que é a procura de palabras que acaban conformando un ente irreal, fantasmagórico. A historia.

A fotografía está tamén presente aínda que dun modo máis "literario" ca en Terminal. Libro do que haberá que falar algún día neste blog.

Para complementar a lectura e desfrute do libro, hai unha serie de audios que se poden escoitar aquí ou tamén descargalos n'A Regueifa.

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 19:38:00 | 5 comentarios