gardei rabaños máis alá de Orión...
13.9.08
Apocalipse Eléctrica

Outra vez máis, o intrépido Pastor Eléctrico non chega a tempo. E é que ser intrépido non exime de ser lento. Unha vez confirmado que a fin do mundo non foi tal, o meme perde un pouco de interese, pero como chegou... fareino igual porque xa hai bastante que non fago un. Mándollo a quen o quera facer porque a estas alturas non sei xa quen queda por facelo.

Se fose a fin do mundo:

1) Que canción che gustaría escoitar?

Era coña! Estaría ben escoitar iso a alguen que soubera que realmente... era coña. Aínda que non sexa exactamente unha canción. De escoitar unha canción escoitaría The Post War Dream de Pink Floyd, non sei, creo que ben ao pelo. Aínda que sexa só polo título.

2) A que libro lle botarías un ollo?

Revisaría os de Philip K. Dick. Sempre cabe a posibilidade de sobrevivir e así tería varios modelos de supervivencia nunha terra devastada. Molaba que fose como Perdidos, pero con bo ambiente.

3) Con quen che gustaría falar?

Principalmente cos que falo sempre. Para que cambiar de amizades chegados a tal punto?

4) Que che gustaría comer?

Creo que non tería moita fame. Probaría a comer un paquete enteiro de Donuts, dos de 24h que veñen 2 máis. Nunca fun capaz de comelos todos. E mira que o intentei en moitas madrugadas non consecutivas.

5) Que farías e que che queda pendente por facer?

Convencer á xente que montou semellante dispositivo acaba-mundos para que termasen un pouco. Xa está ben! Se queren colapsar cousas que colapsen o ADSL, como facemos todos.

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 10:20:00 | 5 comentarios